Deteñen un veciño de Ponteceso por ter 35 macetas de marihuana no seu xardín
04 de xullo de 2013 (09:50 h.)
Xa son 4 os detidos nos dous últimos anos por cultivo de marihuana na Costa da Morte, e o segundo en Ponteceso nos últimos meses. Neste caso, axentes da Garda Civil, detiveron onte a un veciño de Ponteceso, de 34 anos, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao descubrirse no xardín da súa casa 35 macetas con plantas de marihuana.
O detido e as plantas foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Carballo.
Novas relacionadas
- 02-01-13: Operación Cleaner: 5 detidos dunha rede de drogas na Costa da Morte.
- 03-10-12: Novo detido por cultivo marihuana desta volta en Ponteceso.
- 20-09-12: Detido un camariñán por cultivar 5 plantas de marihuana.
- 12-08-11: 10 prantas de marihuana nunha finca dumbriesa.
Fonte
- GC.