Luns. 29.04.2024
El tiempo

Operación Cleaner: 5 detidos dunha rede de drogas na Costa da Morte

Operación Cleaner: 5 detidos dunha rede de drogas na Costa da Morte
Obxectos requisados na Operación Cleaner de Fisterra

Axentes da Garda Civil de Corcubión desmantelaron unha organización que se dedicaba á introdución de estupefacientes en distintas localidades da Costa da Morte. A operación "Cleaner" saldouse con 5 detencións, dúas mulleres de orixe brasileira, e tres varóns veciños de Fisterra.

Os axentes lograron incautar 660 doses de droga, entre heroína e cocaína, ademais de sustancias de corte, elementos de pesaje e envoltorios para a súa distribución. Xunto coas drogas e os efectos para o seu tratamento, tamén se interviñeron varios teléfonos móbiles e uns 1.000 euros en moeda fraccionada. Todo estes efectos foron intervindos/intervidos tras varios registros domiciliarios levados a cabo, baixo mandato xudicial, en Fisterra que era onde residían todos os detidos.

Segundo as investigacións do instituto armado, que se dilataron durante uns tres meses, as localidades nas que máis incidía esta rede, á hora de introducir as drogas, eran Cee, Corcubión e Fisterra, aínda que se ten constancia de que os agora imputados ampliaran a súa distribución a outras lugares da comarca. En calquera caso, os axentes lograron pechar físicamente tres lugares de venda de heroína na localidade de Fisterra.

Os cinco detidos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Corcubión e dous deles ingresaron en prisión, mentres os outros tres quedaron en liberdade con cargos.

12 detidos no 2012 na comarca de Fisterra

Tras este operativo, a Garda Civil de Corcubión pecha o ano 2012, na loita contra o narcotráfico, cun balance de 12 detidos, dos cales seis ingresaron en prisión e a incautación de algo máis de 150 bellotas de hachís e ao redor dunhas 3000 doses de heroína, cocaína e anfetamina. Xunto coa droga tamén foron intervindos/intervidos unha veintena de teléfonos móbiles, varios vehículos e unha cantidade importante de diñeiro.

Operación "Knife": Un detido en Carballo por atracos

Obxectos requisados na Operación Knife de Carballo

Ademais, operación "knife" pechouse co esclarecimiento de nove roubos con violencia e intimidación. Así, Axentes da Garda Civil adscritos ao Área de Investigación da Garda Civil de Carballo detiveron antonte a un varón, de 42 anos, veciño de Carballo, como suposto autor de polo menos nove atracos efectuados a punta de coitelo, e dous con pistola simulada, en distintas farmacias das localidades de Carballo e Laracha, así como nunha xoiería de Carballo e dúas de Arteixo. Tamén se lle imputa o atraco nunha gasolinera da AP-9.

Os axentes realizaron un rexistro domiciliario, baixo mandamiento xudicial, na vivenda do agora imputado e lograron recuperar algúns dos efectos ou ferramentas que o home utilizaba, supuestamente, para levar a cabo os atracos. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Carballo durante a mañá de hoxe e o titular do mesmo decretó o seu ingreso en prisión.

Para cometer un dos roubos, o da AP-9 en O Burgo, o detido foi auxiliado por outros dous individuos, veciños de Malpica e Arteixo, respectivamente, que tamén colaboraron, ese mesmo día, no hurto do turismo que utilizaron para desprazarse. Estes dous "colaboradores" xa foron detidos con anterioridad, hai tres días e o xuíz que instruíu o caso decretó o seu ingreso en prisión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios