Luns. 18.11.2019
El tiempo

Detido un camariñán por cultivar 5 plantas de marihuana

Detido un camariñán por cultivar 5 plantas de marihuana
Plantas de marihuana comisadas en Camariñas

Mentres polo Uruguai abren o proceso de legalización da marihuana, por España continúan as detencións por pequenas prantacións.

O último exemplo tivo lugar onte en Camariñas, onde a Garda Civil detivo ás 16:00h de onte, mércores 19 de setembro de 2012, ao suposto responsable dunha plantación de marihuana.
O veciño, un camariñán de 40 anos de idade, foi disposto a disposición xudicial como suposto autor dun delito contra a saúde pública, i é que se lle supón o dono dun cultivo de cinco plantas de marihuana que había nun galpón anexo ao seu domicilio, plantas que arroxaron un peso conxunto de 12 quilogramos.

Igualmente, a Garda Civil incautouse neste operativo de tres bolsas que contiñan follas deste tipo de planta, feito que desencadeou a imputación dunha muller que ao parecer tratou de ocultalas na inspección dos axentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios