A Festa do Percebe homenaxeará aos fundadores no seu 30 aniversario
Xa anunciaban a data da 30ª edicióno mes pasado, e onte facían o propio cos pregoeiros. Unha elección este ano, cargada de historia, pois os encargados de falar serán os mesmos que deron o pistoletazo de saída da festa en 1992.
Aquelas “cabezas pensantes” que conseguiron a calificación do que pasou a ser o “Rei do Marisco”, non ernan outros que os Inocencio Suárez (o patrón da confraría durante máis de 15 anos); Marcial Mouzo (xornalista que inaugurou a festa); e Ramón Saleta (alcalde pontecesán naquela época).
”Empezaron nun campo de herba facendo abrigo ao vento con cortinas feitas de cañas, sen carpa e apenas servizos Quen non acorda a Manoliño o carpinteiro facendo as barras con tablóns?”, comentan con ilusión nas redes sociais.
Lembran que o primeiro cartel tiña o lema de “Galicia Calidade”, e que o éxito da primeira edición permitiu que na segunda xa estivese todo o pobo involucrado.
Un pouco de historia da festa.Novas relacionadas
- 2022: "Queremos que a Festa do Percebe do Roncudo deste ano se vexa dende a estación espacial”.
- As 12 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte.
- 2018: O Percebe, o rei das festas.