Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As 11 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte

As 11 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte

10 Festas de Interese Turistico da Costa da Morte a 2018 Son 10 as Festas de Interese Turístico da Costa da Morte. 11 das 90 que temos no país a 2018, e que sempre temos en www.axendacostadamorte.com. Temos de todo: festas gastronómicas, mostras de artesanía, festas patronais, romarías, representacións, procesións, baixada de carrilanas... As singularidades de cada festa fainas tan especiais. Falamos do Naufraxio de Laxe, a Fagía de Carnés, a Baixada de Carrilanas de Esteiro, a Feira das Cereixas de Paisaco, a Mostra do Encaixe de Camariñas, a Mostra de Olería de Buño, a Romaría de Santo Hadrián de Malpica, as Festas do Cristo de Fisterra, o San Fins do Castro, a Festa do Percebe do Roncudo, e a Romaría da Virxe da Barca de Muxía, a única ademais declarada de Interese Turístico Nacional. Laxe, Vimianzo, A Laracha, Malpica (2), Camariñas, Cabana, Muxía, Ponteceso, Fisterra e Muros contan con estes tesouros patrimoniais e festexeiros.  

A Festa da Carballeira de Zas e o Asalto ao Castelo de Vimianzo van polo camiño.

Feira das Cereixas (Paiosaco, Laracha)

Festa das Cereixas de Paiosaco

A primeira fin de semana de xullo celébrase a festa gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha, con moita cereixa pero uns actos de primeiro nivel.

Romaría da Virxe da Barca (Muxía)

Domingo ateigado nas Festas da Barca de Muxía - Foto- Jesús Trillo Posiblemente sexa a festa preferida de toda a Costa da Morte, a Festa das Festas. É a data que pecha o verán pois ten lugar sempre a primeira ou segunda fin de semana de setembro. Ten ademais, dúas festas nunha, a da romaría máis tradicional, e a da mocidade, con 5 días sen apenas durmir, e música 24 horas. Unha auténtica revolución na vila muxiá, que ten varias citas máis romeiras na mañá dominical, coa visita e os concertos de banda de música no santuario facendo homenaxe á virxe é as pedras santas.  

Festa do Percebe do Roncudo (Ponteceso)

Festa-Percebe-do-Roncudo-2013 O percebe é o protagonista en Corme A vila de Corme celebra dende hai xa 25 anos, a Festa do Percebe do Roncudo, "O Rei do Marisco" galego. Unha festa que combina a excelencia gastronómica baseada nun produto exquisito, coa troula máis divertida, pois toda a mocidade comarca de Bergantiños acode engalanadas con camisetas por pandillas. Unha das exaltacións da nosa riqueza gastronómica máis importantes da Costa da Morte.  

Naufraxio de Laxe

Naufraxio de Laxe 2017 2 Comezamos por esta porque vén de ser a última en recibir o distintivo. E é unha festa singular, onde o teatro é protagonista. Con máis de 50 anos de historia, o simulacro do Naufraxio de Laxe ten lugar cada 17 de agosto no peirao da vila. Ducias de mariñeiros da vila sofren un naufraxio preto do peirao ante a mirada de milleiros de visitantes. Un dos mariñeiros ten que ser salvado polos compañeiros e aí é cando aparece a Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros, que celebra a milagre de revivilo. É unha desas festas que mellor representa a importancia do mar nesta vila mariñeira.  

A Faguía de Carnés (Vimianzo)

50 potas de callos na Faguia de Carnes-Foto-Roberto Rua 50 potas de callos sérvense cada ano na Faguía de Carnés-Foto-Roberto Rúa Esta é a festa con máis historia a pesar de ser declarada no 2010, i é que 400 anos non é ningunha tontería. É a única festa gastronómica con estes distintivo, e ten lugar cada 9 de xullo no campo da Cerca, en Vimianzo. Os callos son os auténticos protagonistas, e ata 2.000 de racións se sirven ano tras ano. O proceso de preparación que leva a cabo a Confraría de Amigos da Faguía é un dos puntos máis imbólicos da festa. Durante toda a noite anterior, un equipo de cociñeiros preparan os 300 quilos de garavanzos, 800 de carne, 280 de pan, 500 litros de viño e refrescos. Normalmente a Faguía conta con charangas para amenizar a degustación dos fortes callos, e soe empalmar coas Festas de San Cristovo de Carnés.  

Baixada de Carrilanas de Esteiro (Muros)

O Mestre Xerente e Bolato, grandes anfitrións da Baixada de Carrilanas de Esteiro O Mestre Xerente e Bolato, grandes anfitrións da Baixada de Carrilanas de Esteiro Unha das máis singulares é o xa Gran Premio de Carrilanas de Esteiro. O deporte artesanal en estado puro, onde a velocidade e a artesanía se funden nunhas carrilanas que son verdadeiras obras de arte mecánica. A mediados de xullo, o Gran Premio, que conta con adestramentos libres durante o venres, pole position na tarde do sábado, e gran carreira na tarde dominical, compaxínase cunhas grandes festas verbeneiras e a exposición das carrilanas.  

San Fins do Castro (Cabana)

Unha escena salvaxe do San Fins do Castro-Foto- Marcos Rodríguez Unha escena salvaxe do San Fins do Castro-Foto- Marcos Rodríguez Representación do Berro Seco no San Fins do Castro Representación do Berro Seco no San Fins do Castro Témola definido como "O estoupido do viño", pero a festa de San Fins do Castro é moito máis que unha divertidísima festa salvaxe para que a mocidade se bañe no líquido de Baco. O himno a San Fins no dueiral, a queima do Santo de Pólvora e o Berro Seco son auténticos protagonistas desta romaría. O Berro Seco un dos trazos etnográficos introducidos polo crego folclorista Saturnino Cuíñas Lois. Para “botar” o Berro Seco realízase unha pequena escenificación espontánea que ten como director de escena principal o párroco de Cesullas e o resto do elenco confórmano a totalidade dos romeiros. O crego dirixe as accións desde o palco de música. Todos se poñen de crequenas e, a un sinal do párroco, érguense en conxunto e lanzan ó aire desde o máis fondo do peito o berro “ouuuu…” Esta acción repítese tres veces. Algúns investigadores relacionan o Berro Seco de San Fins do Castro co urro que lanzaban os canteiros cando levantaban a man grandes pedras, sobre todo porque o crego, Saturnino Cuíñas, fora natural de Cotobade (Pontevedra), terra de canteiros. Outros estudosos, ven no Berro Seco o símbolo do esforzo colectivo ou reminisciencias dun pasado celta.  

Romaría de Santo Hadrián (Malpica)

Romaria de Santo Hadrian de Malpica-Foto- Turgalicia Romaría de Santo Hadrián de Malpica-Foto- Turgalicia Declarada no 2008, é unha das auténticas Romarías de toda a vida. A romaría de Santo Adrián de Malpica celébrase o primeiro domingo de xuño e a súa singularidade vén dada pola súa lenda na que se conta que unha comunidade de monxes que habitaba nas illas Sisargas viuse asediada por unha colonia de serpes. Santo Hadrián, que se encontraba predicando o evanxeo pola Costa da Morte achegouse ás pedras da ribeira e díxolles: “Eu Santo Hadrián libérovos das serpes e desde hoxe nunca máis ás Sisargas irán”. A romaría é unha das tradicións máis arraigadas no municipio e arredor de dez mil persoas de toda Galicia acoden anualmente a acompañar ao santo. Existe documentación que acredita que esta romaría se celebra dende os anos 20 até a actualidade. Festas durante a fin de semana en clave de verbena, e un domingo de verdadeira tradición, con procesión do Santo ata a Capela, e comida campestre en familia.  

Mostra de Olería de Buño (Malpica)

Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buno 2017 Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buño 2017 O Barro, ademais de ser arte en Buño, é unha marca propia xerada no mundo do deseño, e un motor económico. Así o conseguíu tras 30 anos de Mostra e centos de anos de tradición. A olería é a alma de Buño, e como dicimos é a fonte de ingresos máis importante, como o corrobora o feito de que nunha vila tan pequena sobreviven 17 talleres de artesáns e 9 tendas. Dura máis dunha semana, celébrase durante os primeiros días de agosto, e nas últimas edicións é o turismo o que mantén a Mostra máis viva. A Mostra acolle un compendio de exposicións, demostracións en vivo, música tradicional, teatro... ou as interesantes visitas guiadas polo EcoMuseo do Forno do Forte.

Mostra do Encaixe de Camariñas

Esteban Freiria na Mostra do Encaixe 2017 Deseños de Esteban Freiría na Mostra do Encaixe 2017 Se en Buño convertiron a artesanía en economía e deseño, en Camariñas saben como transformala en moda. E levar Camariñas o encaixe de bolillos ás pasarelas de todo dende o mundo non é sinxelo. A Mostra, con xa 23 edicións, convirte Camariñas na Cibeles galega, e esa é a meirande forza da Mostra. O Concurso de Deseñadores Noveis é o certame máis importante, pero non só hai moda en Camariñas pola Semana Santa. Temos un pouco de todo para recibir a case 20.000 visitantes cada ano. Demostracións das palilleiras en vivo, exposición de traballos, obradoiros para os máis pequenos, visitas de encaixeiras internacionais, música tradicional... compaxinan protagonismo cos aclamados desfiles.

Festas do Cristo de Fisterra

Semana Santa de Fisterra-Foto-Jose Fernando Carrillo 3 Semana Santa de Fisterra-Foto-Jose Fernando Carrillo Na completa Semana Santa da Costa da Morte, unha das visitas obrigadas dase en Fisterra, cas grandes Festas do Santísimo Cristo. A devoción feita arte, i é que por Fisterra, a arte sobra. As procesións conviven coas verbenas cunha naturalidade sorprendemente engraxada. Son 10 días de procesións e 3 días de troula festexeira as que se combinan para dar unhas festas máis auténticas do país. O punto forte é a representación dominical da Resurrección. Son milleiros de persoas as que ateigan a zona da Igrexa de Santa María para ver como Cristo resucita ante a estupefacción dos romanos.

Máis información festexeira

Fonte

Comentarios