Insua de Viastela prepara un xullo sen parada en Corme

Espectacular o programa cultural que a Asociación Cultural Insua de Viastela prepara para este mes de xullo en Corme. Sempre con Mourelle da Rúa na mente, a entidade comeza xa estes días 7 e 8 cun obradoiro de creación de contidos dixitais sobre Corme, no local da Asociación de Veciños.

As actividades máis ociosas arrincan o venres 8, ás 20:00h co concerto no marabilloso lugar de Candelagho da brava Cellia Burillo.

O sábado 9, Suso Lista guiará aos camiñantes nocturnos nun paseo polos infinitos petroglifos cormeláns. Repetirase o 29.

Os días 13, 20 e 27 haberá novas sesións do ciclo Mar de Relatos, con lecturas e coloquio no MACCMO a partir das 12:00h.

O día 15 terá lugar, no MACCMO, a esperada proxección de “Eu son Exeria”, de Marisa Vidal.

Máis esperado aínda será o I Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. O MACCMO acollerá varias sesións con cine histórico, como máis lle gustaba ao ilustre finado, os días 21, 22 e 23 a partir das 19:30h.

O mesmo 23, ás 18:00h, concerto de Simón Gallego no singular espazo de Froxán, a aldea da música.

O día 30 hai visita guiiada aos Muíños de Corme Aldea, recuperados pola veciñanza.

Novas relacionadas