Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corme lembrou a Xosé Manuel Ferreiro Chans en clave de cine

Ciclo Cine Corme Vistua
Corme lembrou a Xosé Manuel Ferreiro Chans en clave de cine

Emotiva homenaxe a que viviu Corme este pasado sábado no Ciclo de Cine organizado pola Asociación Cultural Insua de Viastela para lembrar a Xosé Manuel Ferreiro Chans. Este veciño singular foi recordado pola vila coa proxección no Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte do filme “Hombres de Arán” (1934).

Suso Lista e o director cormelán Chema Gagino presentaron un acto cheo de xente e de emotividade. Lista lembrou as conversas que tivera con Ferreiro Chans sobre o propio filme, lembrando a súa paixón polo sétimo arte.

Gagino, ademais de falar do complicado que está facer documental nos días de hoxe, deu un par de novidades. No Ciclo de Cine que a entidade organizará este verán poderase ver “A Virxe Roxa”, dirixida por Marcos Nine e que vén de gañar o Mestre Mateo á Mellor Documental. Un ciclo, aínda por pechar, que tamén poderá disfrutar en primicia do documental sobre Mourelle da Rúa no que ten participado Gagino.

Foi máis alá Gagino e dixo que ten moitas gañas que volver gravar a película "Unos pasos de mujer", baseada nunha novela de Fernández Florez, gravada en Corme nos anos 30, pero que se perdiu cando se quieimou a filmoteca nacional. Co guión aínda vivo, en Corme sempre se mantiveron as frases míticas que "pobrecito, tan pequeñito y ya sin pai con pena"... e Gagino quere volver rodala.

Ciclo Cine Corme

Comentarios