Insua de Viastela prepara un xullo sen parada en Corme
Espectacular o programa cultural que a Asociación Cultural Insua de Viastela prepara para este mes de xullo en Corme. Sempre con Mourelle da Rúa na mente, a entidade comeza xa estes días 7 e 8 cun obradoiro de creación de contidos dixitais sobre Corme, no local da Asociación de Veciños.
As actividades máis ociosas arrincan o venres 8, ás 20:00h co concerto no marabilloso lugar de Candelagho da brava Cellia Burillo.
O sábado 9, Suso Lista guiará aos camiñantes nocturnos nun paseo polos infinitos petroglifos cormeláns. Repetirase o 29.
Os días 13, 20 e 27 haberá novas sesións do ciclo Mar de Relatos, con lecturas e coloquio no MACCMO a partir das 12:00h.
O día 15 terá lugar, no MACCMO, a esperada proxección de “Eu son Exeria”, de Marisa Vidal.
Máis esperado aínda será o I Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. O MACCMO acollerá varias sesións con cine histórico, como máis lle gustaba ao ilustre finado, os días 21, 22 e 23 a partir das 19:30h.
O mesmo 23, ás 18:00h, concerto de Simón Gallego no singular espazo de Froxán, a aldea da música.
O día 30 hai visita guiiada aos Muíños de Corme Aldea, recuperados pola veciñanza.
Novas relacionadas
- Corme lembrou a Xosé Manuel Ferreiro Chans en clave de cine.
- A veciñanza de Corme restaura, cos seus propios medios, os muíños da parroquia.
- 2021: Froxán, a aldea da música, acolleu o primeiro concerto en homenaxe a Mourelle .
- Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.