O Lego invade Ponteceso

Flavia Gonzalez e o seu proxecto Wonderbrickss

Despois de pasar por Carballo, a xira "Xogar, xogar e volta a xogar" continúa. Este xoves chega á Biblioteca Municipal de Ponteceso a exposición de construcións con pezas Lego, de Flavia Gonzalez (Wonderbrickss). 

A mostra, organizada por Ponteceso Cultura Permanente e coa colaboración do Concello de Ponteceso, estará aberta dende o 28 de febreiro ao 29 de marzo, con moita ilusión, e permitirá que as crianzas da comarca poidan achegarse e xogar cos ladrillos máis famosos do planeta. 

Nesta exposición o público poderá explorar construcións propias de Lego e outras creadas desde a imaxinación e goce de Wonderbrickss.

A entrada é de balde, e poderás gozala de luns a venres de 10:00 a 13:00hs e de 16:00 a 19:00hs. 

Ademais, haberá talleres de construción para os máis pequenos e tamén para os maiores, que serán os sábados pola mañá solicitar cita previa ao 650803937.

Sobre Flavia Gonzalez -Wonderbrickss-

Flavia Gonzalez -Wonderbrickss- é Docente, Traballadora Social, actualmente é Responsable de Selección de Persoal dunha multinacional, formouse como Facilitadora en Metodoloxía Lego Serious Play, técnica que utiliza en procesos de selección de Talento. 
Wonderbrickss comezou hai 3 anos aproximadamente a xogar coas marabillosas pezas Lego, deuse conta, ao pouco tempo, da importancia do xogo e os beneficios que produce construír. Ao comezo simplemente seguindo as instrucións de cada sets pero logo foi creando o seu propio mundo. 
Aos seus 55 anos sente que retorna á súa nenez cada vez que colle un ladrillo sobre outro para crear fantasía, para crear narrativa, para crear ilusión.

 

Máis novas