Ricardo Verdes segue espallando a maxia do MELGA

O Instituto de Estudos Bergantiñáns realizaba esta fin de semana a súa primeira excursión. E escollía o Museo EtnoLúdico de Galicia (MELGA), para facela. Ricardo Pérez Verdes, a alma do Museo, foi quen guiou a visita, facendo un longo e divertido percorrido longo pola exposición, provovando que a visita se alongase máis do formulado inicialmente.
”Pero é que neste Museo hai moito que ver e moito que experimentar”, recoñece Xan Fernández Carrera, un dos organizadores do IEB. “Poucas persoas son capaces de implicarse no seu labor de guía coma Ricardo e comunicar con tanto entusiasmo. Nótase que el foi o artífice de todo este proxecto. Resulta difícil que unha persoa sexa capaz de realizar semellante labor de recollida de xogos e xoguetes e coñeza con tanto detalle cada un deles”, recoñece.
A expedición realizaron unha visita á fervenza da Brixería, e dende o IEB instan ao Concello a coidar o lugar.