venres. 24.01.2025
El tiempo

O Garabato énchese de xogo coa maxia de Lego

Lego en Carballo no Garabato
O Garabato énchese de xogo coa maxia de Lego

O estudo Garabato de Carballo acollerá este domingo 8 de decembro ás 13:30 horas a exposición "Xogar, xogar e volta a xogar". Unha mostra moi especial sobre construcións con pezas de Lego, de Flavia Gonzalez (Wonderbrickss). Nesta exposición o público poderá coñecer e explorar as construcións arquitectónicas de espazos urbáns con pezas de Lego e outros mais orixinais creadas por Flavia.

Rúas, edificacións, cidades medievais, incluso unha vila de Nadal son algunhas das maquetas que se podran ollar nesta exposición. "Xogar, xogar e volta a xogar" lémbranos o poder máxico que ten o xogo así como unir diferentes xeracións e fomentar a imaxinación entre pais e fillos.

A mostra, a maiores incluié varios obradoiros gratuitos tanto para cativos como adultos (para asistir, faremolo con cita previa e ata completar aforo) onde se traballará co proceso creativo dos "Legos”.

Flavia González é Mestra, Traballadora Social, actualmente é Xefa de Selección de Persoal dunha  multinacional. Formouse como Dinamizadora en Metodoloxía Lego Serious Play, técnica que utiliza nos procesos de selección de Talento. O seu proxecto Wonderbrickss comezou hai aproximadamente 3 anos xogando coas marabillosas pezas de Lego, e decatouse, pouco a pouco, da importancia do xogo e dos beneficios que produce a construción. Ao principio simplemente seguiu as instrucións de cada conxunto pero despois creou o seu propio mundo.
Aos seus 54 anos, sente que volve á súa infancia cada vez que colle un ladrillo tras outro para crear fantasía, para crear narración, para crear ilusión.

Para anotarse nos obradoiros escribir mellor a os whatssaps: 636947165 ou 650803937.

Para dar mostra do seu traballo, deixamos aquí como Flavia engalanou o Garabato por Samaín:

Comentarios