O docente máis innovador de España trae aos centros da Costa unha metodoloxía eficaz para resolver conflictos nas aulas

Juan de Vicente Abad, coa súa muller Fátima Mateos, polos faros da Costa da Morte

Interesantísimo o taller de resolución de conflito que está traendo, da man do Centro de Formación e Recursos  da Coruña (CFR) á Costa da Morte o profesor Juan de Vicente Abad. Onte estivo no IES Eduardo Pondal de Ponteceso e hoxe fai o propio no IES Fernando Blanco de Cee. Nestas sesións prácticas, o alumnado de 1º e 2º da ESO aprenden a resolver os problemas dun xeito asertivo e solidario.

Tamén tomaron boa nota mestres, pais e nais que asistiron á súa conferencia no centro pontecesán.

Juan de Vicente Abad é orientador e profesor no IES Miguel Catalán de Coslada (Madrid), e está semana na Costa da Morte coa súa muller Fátima Mateos Hernandez, membro de Jueces para la democracia.

Juan é experto en resolución de conflictos, interculturalidade e convivencia escolar, e foi o gañador do Certamen D+I ao docente máis innovador de España e está xa considerado como un referente na aplicación da metodoloxía educativa “Aprendizaxe e Servicio Solidario” (APS) que conecta o aprendido na aula con servizos solidarios a comunidade para mellorar a convivencia e o entorno.

Algunhas actividades deste tipo xa se están a levar a cabo nos IES da bisbarra como no IES de Esiteiro ou no IES Fin do Camiño de Fisterra onde se organizan actividades para fomentar a doazón de sangue, que se aproveita para explicar temas relacionados co funcionamento do sistema cardiovascular, ou a formación de microreservas de especies endémicas do litoral da Costa da Morte, o que permite conectar con moitos temas de bioloxía.

Novas relacionadas