Venres. 22.11.2019
El tiempo

No Cole de Esteiro, os conflitos se solventan con mediación

No Cole de Esteiro, os conflitos se solventan con mediación
Responsables de mediacion no Cole de Esteiro Mestres, [email protected] e pais e nais son os responsables do servizo de mediación no Cole de Esteiro

Que importante é a mediación nos conflitos. E iso paréceno ter claro no CEIP Ricardo Tobío de Esteiro onde están poñendo en funcionamento un servizo de Mediación. Toda a comunidade educativa está implicadísima nesta iniciativa, enmarcado no proxecto "Aprendendo a convivir”, impulsado pola ANPA para a mellora da convivencia no centro e a prevención de conflictos.

O profesorado do centro apoiou o desenvolvemento do mesmo e púxose en marcha o proxecto Así, durante o curso 2016-2017, levaronse a cabo varios obradoiros formativos para practicar as habilidades socio - afectivas e para sensibilizar en materia de mediación escolar. Estas actividades non só estiveron dirixidas ao alumnado, senon tamén ao profesorado e ás familias.

Este curso, o proxecto enfocouse á creación dun servizo de Mediación para o centro, que velará pola resolución pacífica dos conflictos que poidan xurdir no centro. Para iso, un grupo de alumnado de 5º e 6º de primaria, algunhas mestras e varias familias, participaron no Curso de Mediadores, o cal tivo unha duración de 25 horas. Un curso rematou o pasado venres 16, coa entrega de diplomas aos participantes.

Mediadores diplomados do Cole de Esteiro Mediadores diplomados do Cole de Esteiro

O desenvolvemento deste proxecto está sendo guiado por Cristina Torrado e Reyes González. Ambas profesionais contan con un amplio currículo e unha extensa formación e experiencia en materia de mediación. Elas foron as encargadas de poñer en práctica os obradoiros e impartir o Curso de Mediación.

Toda a comunidade educativa traballou duramente para habilitar a sala de mediación no que era un antigo almacén do centro. Houbo moito traballo para valeiralo, quitar mobles vellos, pintar o cuarto e os estantes,... e así facer máis habitable a estancia.

Os mediadores engalando o cole de Esteir Engalando o cole de Esteiro

Todo o alumnado do centro está facendo posters e debuxos para ambientar a sala de mediación. No terceiro trimestre o servizo poñerse en marcha coa finalidade de que os conflictos que xurdan no centro poidan ser resoltos de forma pacífica a través da mediación.

As representantes do grupo de mediación do alumnado tamén prepararon un video para dar a coñecer o servizo.

Fonte

Comentarios