Domingo. 31.05.2020
El tiempo

O IES Fin do Camiño faise especialista en convivencia postivia

O IES Fin do Camiño faise especialista en convivencia postivia
O IES Fin do Camiño é un dos organizadores do I Encontro de Centros para unha convivencia positiva

Os vindeiros días 23 e 24 de Maio en Negreira, terá lugar o "I Encontro de Centros para unha convivencia positiva". Un encontro organizado polo IES Fin do Camiño de Fisterra e o IES Xulián Magariños de Negreira, e que contará coa participación de 70 alumnos e 50 profesores de máis de 18 centros educativos, pois non entraban máis.

Xa o pasado 2011 o centro fisterrá acollía un semellante Encontro de Centros con Servizos de Mediación Escolar, obtendo premios a nivel estatal e un “100% de desconto en conflitos”.

No encontro partiparán tamén os centros muradáns do IES Fontexería e IES As Insuas, ademais do carballés IES Isidro Parga Pondal.

Este ano, os obxectivos estratéxicos son osseguintes:

  • 1. Crear unha rede de apoio entre centros escolares para o intercambio de experiencias entre o alumnado e o profesorado, a elaboración e o desenvolvemento de proxectos educativos integrais de cultura de paz.
  • 2. Implantar, nos centros participantes, ferramentas organizativas para a xestión pacífica dos conflitos e para a construción dunha convivencia escolar positiva que ofreza maior protagonismo ao alumnado.
  • 3. Formar, asesorar e divulgar materiais necesarios, dende unha perspectiva de traballo entre iguais, aos centros que desexen establecer novas estratexias de xestión dos conflitos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información do director do IES Fin do Camiño, Javier García Barreiro.

comentarios