Ponteceso tamén estrea a Sede electrónica

Hoxe, martes 26 de marzo de 2013, o Concello de Ponteceso incorpora á súa web a Sede Electrónica Municipal. Dende ela, os veciños e veciñas do Concello de Ponteceso poderán realizar numerosos trámites, sen ter que acudir ao rexistro do Concello, ou ás oficinas administrativas:

  • Poderán iniciar calqueira tipo de expediente.
  • Rexistrar documentos.
  • Emitir volantes de empadronamento con total validez, etc.

Importantísimo este paso que xa teñen dado os concellos de Corcubión, Carnota, Cabana e Vimianzo, e que abrirán en breve outros tres.
A posta en marcha deste servizo é algo moi necesario nunha zona de emigrantes como a nosa, e serve para, estando en posesión dun dni electrónico con pin, ou un certificado dixital emitido pola Fábrica de moeda e timbre, se poida atender peticións dos veciños sen restrinción de horarios nin días. Aberta 24 horas ao día 365 días no ano.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.