Vimianzo é o primeiro concello da Costa da Morte en contar con sede electrónica


A pasada semana activábase a sede electrónica no Concello de Vimianzo, o noveno concello da provincia da Coruña e o primeiro, é único ata o momento, da Costa da Morte, (a falta de que Pontecesoo pona en marcha nos vindeiros meses) en contar coa posiblidade de ofrecer aos cidadáns e cidadás a posibilidade de realizar diferentes trámites administrativos as 24 horas do día durante os 365 días do ano sen necesidade de saír das súas casas.
A sede electrónica do concello de Vimianzo http://sede.vimianzo.es púxose en funcionamento pasado día 19 de decembro e o alcalde Manuel Antelo, foi o encargado de inaugurala realizando o primeiro trámite telemático. Para poder realizar trámites a través da sede elecrónica é necesario contar con DNI ou certificado electrónico.
A sede garante a identidade e autenticidade do cidadán a través dos certificados electrónicos e do rexistro telemático, que acredita e certifica as transaccións realizadas. Deste xeito a través da internet os cidadáns e cidadás poderán realizar diferentes trámites administrativos relacionados coas actividades culturais e deportivas, coa circulación e vía pública, co padrón de habitantes, inscricións en rexistros civís, información urbanística, licenzas urbanísticas, etc.
Novas relacionadas
- Ponteceso será o 4º Concello da provincia con Sede Electrónica.
- 12-07-12: 8 Concello da Costa da Morte terán Sede Electrónica.