Avanza, a modo, a reforma integral do renomeado CEIP Atomé de Santa Comba
30 de xaneiro de 2026 (10:00 h.)
O CEIP Barrié de la Maza celebra o seu 50º aniversario deixando atrás o seu nome franquista. Foi aprobado esta semana o cambio de nome, dando ademais cabida a un dos persoeiros máis singulares da creación xalleira: CEIP Antonio Tomé Taboada “Atomé”.
O famoso médico e caricaturista recibe así un fermoso recoñecemento na súa terra.
A reforma
En paralelo, a reforma integral aprobada o pasado mes de maio van avanzando. As ventás (a principal mellora enerxética) e o comedor (o acondicionamento acústico) están reformados, pero aínda faltan moitas cousas por solucionar.