Calcinado un vehículo nun incendio nun garaxe de Santa Comba

Esta pasada noite de luns 6 de novembro, arredor das 20:15 dábase a alerta por incendio nun garaxe en Alón de Arriba, en Santa Comba. O 112 informaba aos Bombeiros de Santa Comba e a Protección Civil de que un vehículo esta ardendo dentro dunha nave usada como garaxe anexo a unha vivenda.

Nada máis chegar, os bombeiros comezan coas tarefas de extinción do lume coa liña de auga e a cámara térmica no interior da nave onde hai moito fume. Tiveron que avanzar entre o fume para ver o foco, un coche en lapas totalmente incendiado e cunha carga térmica importante así como os obxectos do redor do mesmo, e una pila de neumáticos que están o carón do vehículo incendiado.

Proceden a extinguir o vehículo, os neumáticos e demais cosas, concluindo a extinción do mesmo ás 20:40, dando por finalizado o incendio, despois de ventilalo.

A rápida intervención impediu que outro coche sufrise algún desperfecto, así como varios remolques e e cubas de traballo que tamén había no interior da nave.