Un ferido tivo que ser excarcerado tras unha saída de vía en San Salvador

Eran as 10:00h da mañá deste mércores, cando os efectivos de seguridade tiñan que desprazarse ata San Salvador, Santa Comba, por unha alerta por unha persoa atrapada tras un accidente. O vehículo saíase, caía a un campeiro e envocarba.

Unha vez no punto e logo de seguir o protocolo antiicendios, os Bombeiros procederon a realizar a maniobra de excarceración, tarefa complicada debido o impacto e posición que presentaba o vehículo, así como a posición na que quedou a única ocupante do mesmo.

Unha vez liberada e logo se der atendida polo equipo médico do 061 e PAC de Santa Comba foi trasladada o CHUAC de Santiago de Compostela.