Foto de familia do Obradoiro de Emprego de Santa Comba

Xa están en marcha os 4 obradoiros de emprego da comarca. Entre eles, o que acolle Santa Comba, compartido con A Baña, Negreira e Val do Dubra, que oferta 20 prazas para formar a 10 alumnos en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e a outros 10 en Instalación de Elementos de Carpintaría.

Hoxe, os participantes recibiron a visita institucional, e botaron a foto de familia co representante da Xunta, con todos os grupos municipais e os formadores.

Os participantes neste taller de formación e emprego dual poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

Concretamente, en conservación e mellora de montes levaranse a cabo limpezas e acondicionamentos en fincas municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas comúns, campos de fútbol e camiños en todos os concellos participantes.

Pola súa banda, os alumnos de carpintaría farán o deseño e a fabricación de elementos de madeira de fiestras, portas e infraestruturas para centro de formación de Santa Comba. Tamén fabricarán revestimentos de contedores de lixo e estruturas de mobiliario para parques infantís

Novas relacionadas