Sábado. 07.12.2019
El tiempo

En marcha os catro Obradoiros de Emprego que acolle a Costa da Morte

Presentacion do Obradoiro de Emprego de Carnota e Muros
Presentacion do Obradoiro de Emprego de Carnota e Muros
En marcha os catro Obradoiros de Emprego que acolle a Costa da Morte

Xa están en marcha dende o pasado 30 de setembro, os Obradoiros de Emprego. Estes programas mixtos de formación e emprego, que leva promovendo a Consellería de Economía para formar e ocupar a 140 [email protected] de todo o país, que teñen un grao de inserción laboral do 60%.

Este curso son 4 os Obradoiros que terán os habitantes da Costa da Morte. Os 64 participantes da nosa bisbarra (hainos tamén de Negreira, Val do Dubra e A Baña) recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.

Dous obradoiros para Santa Comba

O que ten como sede o Concello Santa Comba, e está compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra, é un Obradoiro Xeral que conta cun orzamento de 336.446,00 € para a formación e prácticas de 20 [email protected]@s.

Santa Comba participa tamén no Obradoiro de Garantía Xuvenil (só poden participar menores de 30 anos inseridos no programa estatal) que ten como sede Val do Dubra, e que tamén está compartido con A Baña e Negreira. Este conta cun orzamento de 180.000€ e son 16 os [email protected]|s que participan.

Un Obradoiro para Carballo

A Laracha leva dous dos Obradoiros de Emprego que a Xunta destina para toda a Costa da Morte. O outro da zona de Bergantiños é para o Concello de Carballo, que para 12 [email protected]@s inseridos no programa de Garantía Xuvenil, e que conta cun orzamento de 135.000€.

Un obradoiro para Muros e Carnota

Foi presentado tamén o Obradoiro “Fontiñas Xuvenil”, promovido polos Concellos de Muros e Carnota. Un obradoiro de 6 meses, para 16 alumnos/as traballadores/as (do programa de Garantía Xuvenil), e serán dúas as especialidades nas que se formen:
- “Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais”.
- “Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais”.

Novas relacionadas

Comentarios