Martes. 19.11.2019
El tiempo

"O grado de integración laboral nos primeiros meses tralos obradoiros de emprego ronda o 60%"

"O grado de integración laboral nos primeiros meses tralos obradoiros de emprego ronda o 60%"
Inauguracion do Obradoiro de Emprego de Santa Comba Inauguracion do Obradoiro de Emprego de Santa Comba Arrincou hoxe en Santa Comba o obradoiro de emprego “Conecta 2018”, un dos 3 obradoiros nos que participará Santa Comba, neste caso en colaboración cos concellos de Dumbría e Mazaricos. Un Obradoiro de carácter dual e orientado ao montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e á limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais. Asistíu á cita o delegado da Xunta Ovidio Rodeiro que destacou que “estes obradoiros forman para dun dos programas, xunto co Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD), da Consellería de Economía, Emprego e Industria con máis demanda porque a formación que se imparte vai acorde coasb necesidades das empresas implantadas nos concellos nos que se realizan”. Neste senso, puntualizou “que o grado do integración laboral nos primeiros meses ronda o 60% polo que é moi interesante participar nos mesmos”. O delegado territorial animou a todos os asistentes “a traballar duro para aproveitar ao máximo esta oportunidade”. A principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, e terán despois a posibilidade de contar cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/inaugurado-o-novo-obradoiro-de-emprego-forestal-en-santa-comba/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-participara-en-3-obradoiros-de-emprego-e-carballo-noutro/  

Comentarios