Investigado por ir a 188 km/h nunha estrada de Santa Comba
23 de abril de 2021 (12:08 h.)
Novo contra a seguridade vial nas nosas estradas, desta volta por ir a 188 km/h por unha estrada de 90. Foi na AC-400 no término municipal de Santa Comba, onde a Garda Civil parou a este veciño de Culleredo mentres realizaba un control de velocidade.
A Garda Civil procedeu a detención do vehículo e á investigación do seu condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade vial ao exceder en máis de 80 quilómetros a velocidade establecida. Lembran que este feito constitúe un delito contemplado no Código Penal, polo que será castigado coa pena de prisión de 3 a 6 meses.
Unha realidade que confirma que o exceso de velocidade é unha das causas principais de sinistros nas estradas.
Novas relacionadas
- Denunciado un carballés por gravarse nas redes sociais a 200km/h pola AG-55.
- Miguel Soldán Lema, Garda Civil de Tráfico: “Estamos para recaudar vidas"
- Confirman o aumento de encarceramentos por delitos de seguridade vial.