Investigado por ir a 188 km/h nunha estrada de Santa Comba
12:08 23/04/21
Novo contra a seguridade vial nas nosas estradas, desta volta por ir a 188 km/h por unha estrada de 90. Foi na AC-400 no término municipal de Santa Comba, onde a Garda Civil parou a este veciño de Culleredo mentres realizaba un control de velocidade.
A Garda Civil procedeu a detención do vehículo e á investigación do seu condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade vial ao exceder en máis de 80 quilómetros a velocidade establecida. Lembran que este feito constitúe un delito contemplado no Código Penal, polo que será castigado coa pena de prisión de 3 a 6 meses.
Unha realidade que confirma que o exceso de velocidade é unha das causas principais de sinistros nas estradas.