Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Carballo

Denunciado un carballés por gravarse nas redes sociais a 200km/h pola AG-55

Non é a primeira vez que pasa (lembramos o caso de Ponteceso de 2019, pero sorprende que a mocidade siga realizando estas accións tan inconscientes. Ata 2 anos de prisión e 6 anos sin carnet lle pode costar a tontería a este rapaz de Carballo que se gravou e subíu as redes este vídeo mentres conducía a 200km/h pola AG-55 entre os quilómetros 36 e 38 da vía, en termo municipal de Coristanco.

O Grupo Investigación e Análise do Tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia púxose a investigar e rapidamente identificou o auor dos feitos, procedendo a denuncialo como presunto autor dunha infracción por como presunto autor dunha infracción por condución temeraria, que conleva a detracción de 6 puntos do permiso de conducir e 500 euros de sanción económica.

O Sector de Tráfico da Garda Civil recorda que conducir con temeridade manifesta e poñendo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas pode provocar penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por de un a seis anos.

Novas relacionadas

Denunciado un carballés por gravarse nas redes sociais a 200km/h pola AG-55