Benedicta súmase ao club de centenarias de Santa Comba

O cumple de Benedicta
  • Maripepa, a avoa xalleira, cumpliu 108, e Sofía 104.

Son meses de celebración centenaria en Santa Comba. Este pasado día 10 de maio, cumpriu 108 anos 𝐌𝐚𝐫í𝐚 𝐉𝐨𝐬𝐞𝐟𝐚 𝐄𝐬𝐩𝐚𝐬𝐚𝐧𝐝í𝐧 𝐂𝐚𝐚𝐦𝐚ñ𝐨 no lugar de Rieiro- Arantón (Sra. Maripepa), a máis lonxeva do concello.

Unha nova centenaria sumou o concello xalleiro pois, cumpriu 100 anos 𝐁𝐞𝐧𝐞𝐝𝐢𝐜𝐭𝐚 𝐏𝐞𝐧𝐬𝐚𝐝𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜í𝐚, de Sabaceda- Bazar.

A alcaldesa María Pose tamén se achegou a felicitar polo seu aniversario, o pasado 17 de abril, a 𝐒𝐨𝐟𝐢𝐚 𝐆𝐞𝐫𝐩𝐞 𝐒𝐮á𝐫𝐞𝐳, do Cubelo, con 104 anos.

Imaxe do cumple dos 108 anos de Maripepa coa alcaldesa e a familia

NOVAS RELACIONADAS