Dorinda fixo 100 anos

10:08 30/03/22
A señora Dorinda Rebón Velo celebrou, máis fresca ca nunca, o seu 100 aniversario na súa vivenda do lugar de Condes, na parroquia de Soandres, na mesma casa na que naceu e na que sempre residiu.
Xunto co seu fillo Desiderio, a súa nora Aurora e as súas dúas netas, Sandra e Lucía, recibiron á comitiva municipal para celebrar a data.
Dorinda é a maior de once irmáns e ten vinte e tres sobriños. Tivo un único fillo, de solteira, e afirma que “o secreto para durar cen anos é que nunca me casei”. Dedicouse durante moitos anos á agricultura e á gandería, e non perdoa un vaso de viño e un café co xantar.
No Concello da Laracha hai oito veciños con máis dun século de vida, dos cales seis son mulleres e dous son varóns.