Maripepa, a avoa de Santa Comba, cumpre 107 anos
Xa a vimos cantar lembrando vellas historias no documental “Xalleiras de Varilongo”, pero aínda non cumplira 107 anos. Fíxoos onte María Josefa Espasandín Caamaño (10-05-1914), máis coñecida como “Maripepa de Rieiro” coa súa familia en Rieiro, Arantón.
Maripepa é a máis lonxeva de Santa Comba, e pode ser unha das máis maiores da comarca, a pesar do cal aínda conserva unha saúde e actividade envexable. Non deixa de compartir experiencias e cariño coa familia e a veciñanza.
Se na comarca temos uns cantos centenarios, en Galicia, a persoa máis lonxeva é a ourensá Asunción Rodríguez, que ten 108 anos. Con 107 anos Asunción García superou o covid en Vigo. O 7 de maio de 1914, uns días antes que Maripepa, naceu tamén Paquita Salgueiro, unha muller da Coruña que vén de superar o coronavirus.
O ano pasado falecían Ana Vela, amuller máis lonxeva de España e de Europa aos seus 116 anos (Córdoba). Tamén o facía o pasado mes de novembro Josefina Villaverde, a máis lonxeva de Galicia, con 110 anos (Cuntis, Pontevedra).
Ademáis de superar 2 pandemias, a "Avoa de Santa Comba" lembra a dura e aventureira vida da Guerra, dos tempos da mina e outras experiencias vitais.
Novas sobre centenarios da Costa
- Abril 2021: Carmen Barcia Miñones cumpriu 101 anos en Vimianzo.
- Abril 2021: María de Medes, a nova centenaria de Carnota .
- Decembro 2020: 101 anos para José Iglesias Fraga, o máis veterano da Laracha.
- Agosto 2020: Laracha suma nova centenaria.
- Xullo 2020: As figuras centenarias de Vimianzo, as protagonistas do Día do Avó.
- Maio 2020; Crisanto "O Tobeiro", o novo centenario de Camariñas.
- Maio 2020: María Josefa cumple 106 anos en Santa Comba.
- Maio 2020: Falece en Carnota a centenaria de Quilmas.