A Xunta aproba, un ano despois de anunciala, a reforma integral do CEIP Barrié de la Maza
Fai un ano que a Xunta anunciaba a reforma integral do Colexio CEIP Plurilingüe Barrié da Maza. Pois tivo que pasar todo ese tempo para poñer en marcha a licitación da rehabilitación integral deste centro que contará cun orzamento de máis de 1,3M€, segundo anunciou onte a delegada da Xunta, Belén do Campo.
O centro, que conta con 416 alumnos, 119 en Educación Infantil e 297 en Educación Primaria, verá esta necesaria cando cumpre 51 anos, e despois de varios anos de protestas de toda a comunidade educativa.
O proceso de licitación xa está en marcha e as empresas teñen ata o 6 de xuño para presentar as súas ofertas e unha vez seleccionada adxudicarase o antes posible, as obras teñen unha duración aproximada de 9 meses.
O obxectivo principal desta intervención é mellorar o día a día dos alumnos e docentes, incrementando o confort térmico e a practicidad das instalacións. Ademais, espérase que estas reformas contribúan á mellora da eficiencia enerxética dos edificios, reducindo así o consumo.