1.440€ a un veciño de Vimianzo por incumplir, en 8 ocasións, as normas de confinamento
O veciño de Vimianzo foi incerceptado fóra da súa vivenda en 8 ocasións, durante os días 22, 23, 24, 26 e 30 de marzo. A primeira vez, advertíronlle de que non podía saír da súa casa para ir tres ou catro veces ao día á gasolineira. Ao día seguinte, descubrírono en Cee e en Fisterra, localidades ata as que asegurou que se desprazou “para dar un paseo”.
O día 24 localizárono axentes da Garda Civil cando conducía o mesmo vehículo acompañado por outros dous mozos. As dúas veces argumentaron que saíran a dar unha volta “por estar cansos de estar na casa”. O día 26 volveu pilotar o coche por Vimianzo e, ao ser parado por axentes da Garda Civil, limitouse a dicir que se atopaba “dando un paseo”.
Unha hora despois interceptárono na estrada AC-552, no termo municipal de Vimianzo, e díxolles aos funcionarios que se aburría no seu domicilio. Case no mesmo punto quilométrico localizárono o día 30 cando, sen causa xustificada, estaba acompañado dunha rapaza.
Sexto pasamento
Ademais esta mañá rexistrouse un novo falecimento polo coronavirus. Un veciño octoxenario de Parada, Carnota, que se atopaba
Novas sobre a corentena
- Dani Calvete: "O que peor levo é o medo a poder infectar á familia. Levo o protocolo ao extremo”.
- Dous carballeses condenados, tras ser detidos, a pagar unha multa de 360 e 480€ por incumprir repetidamente o confinamento.
- Dous talleres de confección do polígono de Bértoa, denunciados por incumplir as novas restricións.