8 novos cursos dixitais gratuítos na Aula CeMIT de Vimianzo

O Concello de Vimianzo, a través da súa Aula CeMIT situada na Casa da Cultura, anuncia unha nova programación de formación informática destinada a toda a cidadanía. Trátase dun ciclo de oito cursos presenciais e gratuítos que buscan achegar as últimas ferramentas tecnolóxicas á cidadanía, desde a seguridade en internet ata o uso de novas aplicacións intelixentes.

Esta oferta formativa é posible grazas á colaboración da Aula CeMIT con Cibervoluntariado (programa YoConecto.org) e o Canal Senior, que abrirá o ciclo o 27 de abril cunha sesión especializada en redes VPN.

Programación de cursos (Abril - Xuño 2026)

As actividades, que están deseñadas para cubrir diferentes perfís e necesidades, dende o ámbito familiar ata o profesional, divídense nas seguintes sesións:

Canal senior:

  • 1. Que é unha VPN: Sesión informativa sobre a VPN (27 de abril, de 17:30 a 18:30 h).

Cibervoluntariado (programa YoConecto.org):

  • 2. Fai crecer a túa marca con márketing dixital: Mellorar a presenza na rede e captar novos clientes (04 ao 07 de maio, de 17:00 a 20:00 h).
  • 3. Internet seguro para menores: Prevención e seguridade para familias (11 ao 14 de maio, de 10:00 a 13:00 h).
  • 4. Apps para trámites coa Sede Electrónica: Xestións na administración pública (18 ao 21 de maio, de 10:00 a 13:00 h).
  • 5. Aprende a manexar as túas redes sociais: Coñecementos das redes sociais (25 ao 28 de maio, de 10:00 a 13:00 h).
  • 6. Trámites dixitais e factura electrónica: Xestións administrativas dixitais (25 ao 28 de maio, de 17:00 a 20:00 h).
  • 7. Crea contido con IA: Introdución á Intelixencia Artificial creativa (01 ao 04 de xuño, de 10:00 a 13:00 h).
  • 8. Seguridade: Protexe o teu mundo dixital: Ciberseguridade (08 ao 11 de xuño, de 10:00 a 13:00 h).

Inscricións e Lugar

Todas as clases terán lugar na Aula CeMIT de Vimianzo, situada na Casa da Cultura.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través das seguintes vías:

  • 1. Teléfono: 981 716 001 (ext. 1226).
  • 2. Internet: a través do seguinte formulario.