martes. 31.03.2026
El tiempo

Fisterra

Alicia López exportou as boas iniciativas da Aula CeMIT de Fisterra

A pasada semana, tivo lugar en Madrid o V Encontro Somos Digital, un evento que reuniu máis de 150 profesionais de centros de alfabetización de toda España, e que da Rede CeMIT estivo representada polas aulas de Ortigueira e pola Aula Cemit de Fisterra. 
Alí estivo Alicia López, unha das poucas profesionais que se dedica en exclusiva a traballar pola redución da fenda dixital dende a súa aula de Fisterra, exportando proxectos como as actividade “Finanzas para todos/as” e “d-IA de Rosal-IA”, levadas a cabo esta última na aula CeMIT de Fisterra e a cal suscitaron moito interese entre as persoas asistentes e manifestando incluso querer replicala nos seus centros.

Ademais de debatir sobre o uso crítico e saudable da tecnoloxía, tamén se deron a coñecer 13 iniciativas postas en marcha en centros de tódalas comunidades autónomas.

En resumo, compartimos co resto de España o bo facer da aula Cemit e o nome de Fisterra.

Máis novas

Alicia López exportou as boas iniciativas da Aula CeMIT de Fisterra