Adxudicados 1,3 millóns para mellorar 2km da estrada entre Baíñas a Caxadas
25 de xuño de 2022 (09:13 h.)
Dende outubro de 2020 leva en marcha o proxecto de senda peonil entre Caxadas e Baiñas. E por fin a Deputación vén de adxudicar a obra. Son 1,3 millóns de euros (o meirande investimento provincial para unha obra coma esta) para ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 9203 de Caxadas a Baíñas, en Vimianzo.
As obras permitirán construír unha senda para peonil de case dous quilómetros de lonxitude e mellorar o sinuoso trazado actual da vía no núcleo de Padreiro, que presenta curvas perigosas nas que se rexistra unha elevada sinistralidade. Ademais, farae senda peonil.
Os traballos, que comezarán este verán e teñen un prazo de execución de 11 meses.