1,6 millóns, o meirande investimento provincial do ano, para arranxar a estrada Caxadas-Baíñas

07:45 14/03/22
A Deputación licita por 1.615.469,64 euros as obras de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 9203 de Caxadas a Baíñas, en Vimianzo. Segundo explicou o presidente provincial, Valentín González Formoso, “trátase do maior investimento programado este ano pola área de Vías e Obras da Deputación”.
As obras permitirán construír unha senda para peonil de case dous quilómetros de lonxitude e mellorar o sinuoso trazado actual da vía no núcleo de Padreiro, que presenta curvas perigosas nas que se rexistra unha elevada sinistralidade.
O proxecto tamén inclúe tamén a mellora do trazado da estrada no punto quilométrico 4+500, actualmente moi sinuoso, con curvas de radio reducido á altura do núcleo de Padreiro de Abaixo.