Alana fai residencia artística na casa para preparar o seu segundo disco
O Auditorio de Vimianzo reforza a seu programa de residencias artísticas. E faino ademais acollendo a música de Alana. O trío musical galego, estña formado por Antía Vázquez (Oleiros), Eloy Vidal (Ponteceso) e o vimiancés Pablo Castro, polo que todo queda na casa.
Estarán durante unha semana traballando no seu segundo disco “Un Sabor”, do que xa coñecemos o primeiro avance.
Esta estancia permitirá ao grupo perfeccionar o seu proxecto e explorar novas sonoridades nun espazo pensado para a creación musical e escénica. O grupo presentará o seu segundo disco, “Un Sabor”, que continuará afondando na súa identidade sonora, mesturando tradición e innovación.
As residencias
O Auditorio de Vimianzo dá así un paso máis na consolidación do seu programa de residencias artísticas, reforzando o seu compromiso coa música e as artes escénicas, e converténdose nun punto de encontro entre artistas e comunidade.
Esta iniciativa forma parte da programación municipal de apoio á creación artística, co obxectivo de impulsar proxectos innovadores, favorecer a experimentación e achegar á veciñanza os procesos de creación contemporánea.
Máis novas