domingo. 03.08.2025
El tiempo

A banda costeira Alana fai o se debut internacional no Festival Intercéltico de Lorient

alana_lorient_2
A banda costeira Alana fai o se debut internacional no Festival Intercéltico de Lorient

Alana, o proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop e que conforman Antía Vázquez (Oleiros), Eloy Vidal (Vimianzo) e Pablo Castro (Ponteceso), debutaron onte á noite de xeito internacional no Festival Intercéltico de Lorient, un evento de longa tradición na Bretaña e que se leva celebrando desde 1971.

Liñares, Foliada de Negreira, Consuelo de Muiñeira, Xota (de Juapita) ou Este é o valse conformaron algunhas das pezas do seu repertorio para esta primeira cita, “moi especial para nós porque é un soño facer o que nos gusta e cruzar as fronteiras non só galegas, tamén estatais”, aseguraron.

“Cando empezamos nunca imaxinamos que poderiamos chegar ata aquí, estamos nunha especie de nube tras unhas semanas moi intensas nas que tamén acudimos a citas marabillosas como Ortigueira, o Festigal, o Atlantic Pride ou mesmo o concerto con Rodrigo Cuevas. Estamos agradecidísimas coa acollida que está tendo este proxecto, feito con agarimo e para todas e todos vós”, dixeron emocionadas tras baixarse do escenario bretón. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que desinteresa

alana_lorient_1

Comentarios