mércores. 18.02.2026
El tiempo

O Auditorio de Vimianzo afiánzase como residencia artística de referencia

Nortear residencia artistica Vimianzo
Nortear residencia artistica Vimianzo
O Auditorio de Vimianzo afiánzase como residencia artística de referencia

O ano pasado xa foi un espazo ideal para desenvolver proxectos como o do muxián Javier Castiñeira. Este ano, o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo volve afianzarse como residencia artísticas de referencia en toda Galicia, através de varias iniciativas.

Nortear

O Auditorio de Vimianzo acolle a residencia técnica do proxecto escénico NORTEAR, unha produción da compañía galega Columna Balteira dirixida por Helena Salgueiro.
A residencia servirá para ultimar o dispositivo escénico, lumínico e sonoro dunha peza híbrida que combina danza, performance e investigación arredor do traballo físico das mulleres galegas no mar, desde unha perspectiva ecofeminista e contemporánea.
Como peche deste proceso, celebrarase unha xornada de mediación “ Atelier da memoria” aberta ao público o 19 de febreiro ás 18.00 h, na que se compartirán claves do proceso creativo e un achegamento ao traballo en curso.

A estrea oficial de NORTEAR terá lugar o venres 20 ás 20.30 h no Auditorio de Vimianzo. As entradas están dispoñibles en woutick.es.

Residencias artísticas RPM

En paralelo abre o prazo ata o 8 de marzo para que artistas do país presenten as súas ideas para as residencias artísticas Paraíso, que se desenvolverán entre maio e outubro de 2026. Vimianzo e Carballo son as prazas costeiras que participan nesta iniciativa de apoio ao talento galego, xunto co Vello Cárcere de Lugo, o Pazo da Cultura de Carballo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Salón Teatro do Centro Dramático Galego en Compostela, a Igrexa da Madalena de Ribadavia, no marco da MIT, o Convento de Santa Clara en Pontevedra, a Fábrica de Oleiros, Artistea en Ponteareas e o Espazo RPM na Coruña

Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participarán no Encontro Residencias Paraíso, unha cita anual promovida polo Colectivo RPM que neste 2026 terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Simón, en Redondela

Comentarios