Antelo non saca adiante todas as propostas ante un salón de plenos abarrotado

Parece que o Salón de Plenos do Concello de Vimianzo ten as portas máis abertas que antano. Cando os anos pasados só a prensa acodía a sesións plenarias, na cita do pasado venres fron ducias de veciños as que encheron o Concello.

Varias propostas foron claves para o cheo, como eran a reforma do campo da feira da Piroga, e a homenaxe en forma de nome dunha praza en Salto para Dona Carmen Neira Marcos. Ambas propostas, coa presión social presente, foron aprobadas con solvencia.

Entrementres hoxe remata o prazo para a Moción de Censura tras un mes pasado da Cuestión de Confianza tralo rexeitamento dos presupostos.

POS non aprobado

O que non tivo tanta sorte foi o Plan de Obras e Servizos que presentaba o goberno a semana pasada. Os 7 votos en contra deixan as propostas do POS enriba da mesa.

IxV, como avisara presentou unha enmenda verbal contra o POS.

Calendario de pagos pola Casa da Cultura

E parece que xa hai prazos para pagar o alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo. Con 4 votos a favor e 7 abstencións aprobouse o calendario de pago da débeda á empresa do irmán do ex alcalde.

O primeiro pago faríase cun crédito ICO (do Instituto Oficial de Crédito para institucións públicas) de 3 anos. Mentres que o segundo pago se realizará a través dunha entidade bancaria cun crédito a 30 anos. Unha longa hipoteca...

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).