Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Parón en Vimianzo á espera dunha moción de censura

Parón en Vimianzo á espera dunha moción de censura

O pasado venres o alcalde de Vimianzo sometíase á primeira Cuestión de Confianza en Galicia tralo rexeitamento dos orzamentos para o vindeiro 2012. Os grupos da oposición e mais os ata estes días compañeiros de goberno, votaron en contra de novo, polo que o Concello quedará un mes pendente dunha posible moción de censura.

Antelo pediu unha marxe de confianza, malia recoñecer que fracasou o pacto de goberno.
Os 3 edís de IxVim, 2 edís do PP (Borbujo non asistía de novo ao pleno), e 3 edís do PSOE votaron en contra na Cuestión de Confiaza. Agora a situación é a seguinte. Mentres o responsable do BNG segue de alcalde en funcións, os grupos da oposición terían que facer coalición e presentar unha moción de censura no prazo de un mes. De non facelo, os orzamentos serán aprobados e automaticamente Antelo sería alcalde de novo dereito.

Á espera da moción de censura

Agora queda nas mans da oposición. A moción de censura é algo que se palpa no ambiente e de feito estamentos como o Soneira S.D. ata saltaron á palestra política para excitar a vida municipal.

Iso si, a moción precisaría un consenso entre os 3 grupos da oposición pois faría falta ata 7 votos. Así pois, a pelota está no tellado dos PP e PSOE, que á vista das eleccións non se sabe como explicarían unha moción conxunta ante os seus superiores. Parece claro, por outra banda, que dende independientes, estarían dispostos a levala adiante.

Novo parón municipal

Á espera queda a política municipal de que se solucione a súa gobernabilidade. Pero o peor de todo, é que apenas 4 meses despois das eleccións, o Concello volve sufrir un parón, e pode que estean un mes sen actividade municipal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios