Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo segue en plena combustión política

Vimianzo segue en plena combustión política

Chegan dende Vimianzo as notas de prensa por ducias. I é que a política municipal segue en pleno proceso de combustión.

O goberno do BNG segue pendente dunha máis que posible moción de censura tras non pasar a cuestión de confianza sobre os orzamentos do 2012. Ademais, faino en minoría tras romper o pacto de goberno co PSOE. Unha Agrupación socialista que explicaba que "non había que ter tanta presa", e que a causa de ter votado en contra dos orzamentos foi o "incumplimento de contrato por parte do BNG".

Moción de censura?

O pasado venres, o grupo de Independientes por Vimianzo mantiña unha xuntanza na que se diversos asuntos da actualidad sucedidos no concello vimiancés. Entre outros, quedou patente a idea de "non cerrar as portas a unha posible mocion de censura, pero preferimos, e invitamos o alcalde que cambie de actitud, que o seu diálogo coa oposición sea mas contrutivo".

O BNG denuncia

Entrementres o BNG vimiancés lanza unha ofensiva dura contra o edil do PSOE José Manuel Rodríguez Blanco, Roque. Dende o BNG piden a súa dimisión por non pagar os impostos municipais, concretamente "o Imposto de Bens Inmobles da súa vivenda, a pesar de levar residindo nela máis de 12 anos".

"Non é de recibo que quen cobrou do concello durante os últimos nove anos máis de 165.000€ en concepto de dedicación ás áreas nas que estivo como responsable, entre elas a concellería de urbanismo, non cumpra coas súas obrigas tributarias, ao igual que o fai calquera veciño ou veciña de Vimianzo", denuncian dende o grupo de goberno.

"Ao ver este tipo de comportamentos entendemos que este concelleiro sexa peza clave no que está acontecendo estes días, co intento de tumbar ao goberno municipal de Vimianzo. O único que persiguen é volver á situación anterior, con prácticas das que se beneficiaban uns poucos privilexiados, como este concelleiro, ou xente do seu contorno", continúan.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios