O Asalto ao Castelo de Vimianzo, moito máis que un festival

O patio de armas do Castelo foi o lugar elixido para a presentación desta festividade á que acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; o concelleiro de Protección Civil, Policía Local e Deportes, Mario Andújar; o portavoz da organización do Asalto, Manuel Rial; Marta Gayoso, en representación de AXVALSO; e tamén diferentes hostaleiros.

Vimianzo deu a coñecer esta mañá todos os detalles da XXVI edición do Asalto ao Castelo, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia polo Consello da Xunta de
Galicia. Gastronomía, teatro, espectáculo, deporte e moita música serán os protagonistas deste tradicional e reivindicativo evento que se celebrará do sábado 24 de xuño ao sábado 1 de xullo.

Abríu a presentación Manuel Rial, voceiro das entidades organizadoras Axvalso e Cherinkas, quen incidiu na “natureza diversa e diversificada das actividades, feitas para maiorías e minorías, e no eixo teatral, musical, gastronómico e mesmo deportivo da festa, sen perder de vista a reivindicación dunha revolta histórica traída ao presente”.
De seguido, tomou a palabra a rexedora vimiancesa, quen fixo fincapé no traballo realizado por todas as entidades organizadoras xa que sen eles non sería posible
“celebrar esta festa tan xenuína, tan nosa e tan galega”. Ademais, Rodríguez non só recalcou a importancia desta festividade no presente na que “tanto veciños e
veciñas viven momentos inesquecibles”, senón que tamén puxo sobre a mesa a necesidade de seguir traballando e loitando por un evento “que pasará ás
vindeiras xeracións para manter vivo o lume irmandiño”.
A organización ten preparadas diferentes actividades que darán inicio o sábado 24, aínda que os días grandes serán o venres 30 de xuño e o sábado 1 de xullo.

Cea Medieval

A primeira gran xornada contará coa celebración da máis que coñecida Cea Medieval e para a cal xa non hai entradas. Sen embargo, as portas abriranse a
partir de medianoite para gozar de varias horas de concertos de entrada libre no Castelo de Vimianzo: animación co bufón Dani Blanco e malabares Américo,
queimada con druída e música con Cé Orquestra Pantasma, De Vacas e Monoulious Dop.

O Gran Asalto

Na segunda e derradeira xornada, que ademais é o día grande do Asalto, non faltará o aclamado e divertido Asaltiño ou a Feira Artesanal, con récord de postos
inscritos.
En canto á música, durante a sesión vermú contarán Javi Sampedro e Suso Quinito: Uma Viagem Musicada pela História da Língua Galega, Terra Morena:
Cantar Zeca Afonso e os Cantos de Taberna: Mestura Fol.
Á tarde, Vimianzo vivirá o frenesí musical do Des-concerto de IGMIG, os Gaiteir@s de Buxantes, a Batucada das Curandeiras, Medio Quinhón de Burela, a Batucada
Rapacollón´s Big Band Fisterra e DIDGETOMM & Dance Machine.
Pero, sen dúbida, o prato forte chegará pola noite, concretamente a partir das 22:00 horas, coa actuación estelar do grupo Tanxugueiras. As entradas para este
concerto están dispoñibles en woutick.es.
Despois do concerto, chegará o momento álxido da festa: o propio Asalto ao Castelo cunha representación teatral que, inspirada no espírito irmandiño e
interpretada polo propio público, levará as revoltas aos tempos actuais.
Tomado o castelo, recollerán o testemuño musical os grupos Huntza, Lamatumbá e Festicultores Troupe.

Datas previas

Unha semana antes, o sábado 24 de xuño, dará comezo oficialmente a festa coa celebración da VII Legua Irmandiña e a Ruta á Cruz do Loureiro, prevista para o
domingo 25. 
Ademais, durante a propia semana do Asalto, o Concello de Vimianzo poñerá en marcha obradoiros medievais destinados ao público infantil e, como novidade, tamén se desenvolverá a Tarde-Noite Infantil Meiga. Esta celebrarase o mércores 28 de xuño co obxectivo de achegar as revoltas irmandiñas ás novas xeracións.

XIV Pinchos Irmandiños

Coma cada ano, un dos pratos fortes desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia serán os Pinchos Irmandiños, que xa van pola súa XIV edición.
De novo, a hostalaría de Vimianzo volve xuntarse para organizar unha das semanas gastronómicas máis importantes e coñecidas da Costa da Morte e que,
este ano, se desenvolverá do martes 27 xuño ao sábado 1 de xullo.
Os pinchos poderán consumirse en horario de 12 a 15 horas e de 19 a 23 horas, de xeito xeral. Quen complete a ruta con 10 selos, número tamén dos locais
participantes, conseguirá diferentes agasallos e entrará no sorteo dun lote de produtos Estrella Galicia en función do peso da persoa gañadora.

 

 

PROGRAMA ASALTO AO CASTELO 2023

SÁBADO 24 DE XUÑO
21:00 | VII Legua irmandiña (Praza do Concello-Castelo)

DOMINGO 25 DE XUÑO
11:00 | Ruta da Lenda da Cruz do Loureiro. Tributos Espectrais á Irmandade Caída. (Praza Castelao-Castelo)
17:00 | Visita Guiada (Castelo)

DE LUNS 26 DE XUÑO...
...A VENRES 30 10:00 a 14:00 | Semana Medieval (Campamento VimiVerán)
DE MARTES 27 DE XUÑO...

...A SÁBADO 1 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 | XIV PINCHOS IRMANDIÑOS
...A DOMINGO 2 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)

MÉRCORES 28 DE XUÑO
19:00 | Tarde-Noite Infantil Meiga (Foso do Castelo)

XOVES 29 DE XUÑO
20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
20:00 | Des-enterro Irmandiño (Rúa)
23:00 | Aquelarre de ánimas de palleiro para o chamamento á loita (Praza do Concello)

VENRES 30 DE XUÑO
19:00 | Circuíto Musical (Rúa): A. C. Trubisquiña
20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
20:30 | Ofrenda musical con Medio Quinhón (Foso do Castelo)
21:00 | V Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)
21:30 | XII Cea Medieval (Foso do Castelo)
23:30 | Noite Meiga (Foso do Castelo)
23:30 | Portas Abertas:
Bufón Dani Blanco e malabares Américo
Cé Orquestra Pantasma
Queimada (druída Miguel Queiro)
00:30 | Concertos:
De Vacas
Monoulious Dop

SÁBADO 1 DE XULLO
MAÑÁ (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
10:00 a 20:30 | XI Feira Artesanal
11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
11:00 | Escultura con Motoserra (inicio): Tallas Yosi
11:10 | Mesa de Presentación e Xogos de Mesa Irmandiños: INCUDE
11:20 | Xadrez: Torneo de Rápidas: INCUDE
12:15 | Torneo de Clash Royale e Fall Guys (por Internet): HERCLE e INCUDE
12:30 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
12:45 | Javi Sampedro e Suso Quinito: Uma Viagem Musicada pela História da Língua Galega
13:30 | Terra Morena: Cantar Zeca Afonso
14:00 | Cantos de Taberna: Mestura Fol (Rúa)

TARDE (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
16:00 | Torneo Internacional de Xadrez (por Internet): INCUDE
16:00 | Aturuxos Irmandiños: Arenga Musical con Medio Quinhón
16:30 a 17:40 | ASALTIÑO
16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
16:45 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
17:00 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
17:30 | Viaxe no Tempo. Historia Dramatizada do Castelo (Patio de Armas do Castelo)
18:00 | Escultura con Motoserra (fin): Tallas Yosi
18:15 | Corte de Tronco de Aizkolari: Tallas Yosi
19:00 | VII Irmandade Parroquial
19:45 | Pregón + Izado da Bandeira Irmandiña
20:00 | Des-Concerto: Igmig
20:10 | Circuíto Musical (Rúa): Gaiteir@s de Buxantes, Batucada As Curandeiras, Medio Quinhón e Batucada Rapacollón´s Big Band Fisterra
21:00 | Música con Marcos: DIDGETOMM & Dance Machine (Vázquez Mouzo)

NOITE (ZONA DE CONCERTOS)
21:00 | CEA
22:00 | Tanxugueiras
23:30 | ASALTO AO CASTELO
01:00 | Huntza
02:30 | Lamatumbá
04:00 | Festicultores

DOMINGO 2 DE XULLO

11:00 | Visita Guiada (Castelo)
12:30 + 17:00 | Visita Teatralizada: Quinquilláns (Castelo)
13:30 | Sesión Vermú: Medio Quinhón (Praza