De Vimianzo ao San Froilán montados no Castelo

Non paran de viaxar os maiores de Vimianzo. Se hai uns días viaxaban a Portugal, esta fin de seman aproveitaron unha das festas máis simbólicas de Galicia. E seguro que algún repetiu...

Foi a Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo a que organizou unha viaxe a Lugo, ás s festas de San Froilán. Así, durante o sábado, a víspera do Domingo das Mozas, os veciños vimianceses aproveitaron para visitar a muralla, a Catedral ou a igrexa de San Froilán. Pero sobre todo, as casetas do polbo, e as atracción. Todo un luxo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).