Manu Chao dará un concerto acústico nun histórico Asalto ao Castelo de Vimianzo

Tremenda a bomba que vén de lanzar as asociacións culturals Cherinkas e Axvalso e o Concello de Vimianzo. O artista de sona internacional, Manu Chao
estará en Vimianzo o sábado 6 de xullo,
no marco da nova edición do Asalto ao Castelo. O de Vimianzo será un dos poucos concertos que ofrecerá en Galicia en 2024 o artista de raíces vilalbesas, co seu formato acústico nomeado "El Chapulín solo", Manu Chao en formato acústico

Manu Chao abrirá a noite de concertos do sábado, antes da propia toma do castelo, e formando parte dun amplo cartel musical que aínda está por desvelar. Dous días de concertos e con nomes e grupos destacados do panorama nacional e internacional da música de raíz e combativa.

Como na edición anterior, o seu concerto será un evento especial para o que haberá que conseguir entrada. Non será así para o resto de actividades dos máis de dous días de festa, polo que continúa sendo de entrada gratuíta tanto a representación teatral do Asalto como os concertos de toda a madrugada posterior, que se desvelarán proximamente.

As entradas para o concerto de Manu Chao acústico poñeranse a venda a partir do xoves 4 de abril, e iranse dando os detalles a través das redes sociais do Asalto ao Castelo de Vimianzo e na web asaltoaocastelo.gal