O canon eólico deixa 125.000€ en Vimianzo para obras de saneamento
Os viraventos copan boa montes de case todos os Concellos da volta. De feito, temos un total de 445,5 aereoxeneradoresentre as comarcas de Fisterra, Soneira e Bergantiños. E se ben a luz pagámola igual de cara que o resto do estado, si que a Xunta deixa algúns euros nos Concellos en concepto de "canon eólico" a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Xa o ano pasado o Concello de Vimianzo recibía unha axuda para a nova rede de saneamento no lugar de Tras do Ceán. Este 2014, a Xunta aporta a través do Fondo 125.313 euros para levar a cabo a ampliación da rede de saneamento ata o lugar de Braño, co fin de dar servizo aos veciños de Campo do Lopo, Os Carrís e Alto do Campo; para a rehabilitación do muíño da Agra e para a creación dunha área recreativa no paseo fluvial.
Parte dos fondos tamén permitiron á adquisición dun aspirador de residuos e dun vehículo para tarefas vinculadas ao medio ambiente.
9 concellos beneficiados
A delegada da Xunta, Do Campo, recordou que este é o cuarto ano consecutivo no que nove concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Camariñas, Vimianzo, Zas e Dumbría) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que oito deles dispoñen de máis de 83.000 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 771.245 euros.
Concello | Aeroxeradores | Metros de liña | Subvención |
A Laracha | 1 | -- | 1.434 euros |
Cabana de Bergantiños | 13 | 8.497 | 33.155 euros |
Coristanco | 27 | 13.654 | 62.033 euros |
Malpica de Bergantiños | 69 | 1.208 | 101.009 euros |
Ponteceso | 63 | 18.713 | 122.305 euros |
Camariñas | 62 | 6.346 | 99.747 euros |
Vimianzo | 68 | 21.869 | 125.313 euros |
Zas | 28,5 | 7.087 | 52.974 euros |
Dumbría | 114 | 5.737 | 173.275 euros |
TOTAL | 445,5 | 83.111 | 771.245 euros |
Novas relacionadas
- Novas melloras para o saneamento de Mazaricos gracias aos 123 viraventos.
- Dumbría e outros 8 concellos da zona sanéanse co canon eólico.
- Vimianzo mellora o saneamento de Tras do Ceán cos fondos do canon eólico.
- Muros e Carnota reciben axudas para aforrar enerxeticamente:
- Camariñas mellora a eficiencia do alumeado público e Ponteceso o saneamento co canon eólico.
- Obras de recuperación de camiños e lavadoiros en Malpica.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- XUnta.