xoves. 01.05.2025
El tiempo

O canon eólico deixa 125.000€ en Vimianzo para obras de saneamento

O canon eólico deixa 125.000€ en Vimianzo para obras de saneamento
Belen Do Campo e Manuel Antelo

Os viraventos copan boa montes de case todos os Concellos da volta. De feito, temos un total de 445,5 aereoxeneradoresentre as comarcas de Fisterra, Soneira e Bergantiños. E se ben a luz pagámola igual de cara que o resto do estado, si que a Xunta deixa algúns euros nos Concellos en concepto de "canon eólico" a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Xa o ano pasado o Concello de Vimianzo recibía unha axuda para a nova rede de saneamento no lugar de Tras do Ceán. Este 2014, a Xunta aporta a través do Fondo 125.313 euros para levar a cabo a ampliación da rede de saneamento ata o lugar de Braño, co fin de dar servizo aos veciños de Campo do Lopo, Os Carrís e Alto do Campo; para a rehabilitación do muíño da Agra e para a creación dunha área recreativa no paseo fluvial.
Parte dos fondos tamén permitiron á adquisición dun aspirador de residuos e dun vehículo para tarefas vinculadas ao medio ambiente.

9 concellos beneficiados

A delegada da Xunta, Do Campo, recordou que este é o cuarto ano consecutivo no que nove concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Camariñas, Vimianzo, Zas e Dumbría) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que oito deles dispoñen de máis de 83.000 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 771.245 euros.

ConcelloAeroxeradoresMetros de liñaSubvención
A Laracha1--1.434 euros
Cabana de Bergantiños138.49733.155 euros
Coristanco2713.65462.033 euros
Malpica de Bergantiños691.208101.009 euros
Ponteceso6318.713122.305 euros
Camariñas626.346 99.747 euros
Vimianzo6821.869125.313 euros
Zas 28,57.08752.974 euros
Dumbría1145.737173.275 euros
TOTAL 445,583.111771.245 euros

Novas relacionadas

Fonte

  • XUnta.

Comentarios