xoves. 01.05.2025
El tiempo

Obras de recuperación de camiños e lavadoiros en Malpica

Obras de recuperación de camiños e lavadoiros en Malpica
O Lugar da Pontella Malpica xa ten nova rede de sumidoiros

Novos traballos de acondicionamento no termo municipal de Malpica. A Xunta realizou diferentes labores de recuperacón ambiental, que incluíron o acondicionamento dun camiño e varios lavadoiros, así como a dotación dunha rede de sumidoiros no lugar de Pontella.

Os técnicos do departamento autonómico supervisaron nos últimos días a execución das obras, que, por unha banda, serviron para paliar a situación de degradación na que se atopaba o camiño que vai das Cortes a Ledouzo. Os traballos consistiron na eliminación dos focos de contaminación e na súa recuperación para o lecer e aproveitamento dos veciños. Do mesmo xeito, tamén se procedeu ao acondicionamento do entorno dos lavadoiros públicos de Pontella, Santiso e Camarada para a súa posta en valor como parte da memoria tradicional da zona.

Con esta subvención, de case de 80.000€ do Fondo de Compensación Ambiental, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Concello de Malpica tamén dotou dunha rede de sumidoiros ao lugar de Pontella, ao tratarse dun dos poucos núcleos do municipio que aínda carecían deste servizo. Por último, a partida aproveitouse tamén para a adquisición de novos contedores de lixo para a súa colocación na zona rural, que evitarán a proliferación de vertedoiros incontrolados.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios