O Concello de Vimianzo comparte o Nadal
Presenta o Concello de Vimianzo a súa completa programación de Nadal, que trae como pratos fortes dous concursos de Nadal que teñen aberto prazo a día de hoxe.
Concursos de postais e escaparates
Comezan xa as acitividades navideñas coa convocatoria do II Concurso infantil de postais de Nadal para o alumnado de Educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria que manterá aberto o prazo ata o 10 de decembro. Todas as postais que se presenten ao concurso permanecerán expostas na Sala de exposicións Antón Mouzo desde o 17 de decembro ata o mes de xaneiro.
Tamén está aberto o prazo para o II Concurso de escaparates de Nadal no que os comerciantes poderán inscribirse ata o día 5 de decembro. Lembramos aínda a boa acollida do certame do ano pasado.
Lecturas
A programación de animación á lectura da biblioteca tamén se anticipa ao Nadal cun obradoiro que terá lugar este sábado 8, ás 17 horas, Armando o Belén, e o vindeiro sábado 15 rematarase a programación da biblioteca cos Contos de Nadal da Compañía Trinketrinke.
Un completo Nadal
Xa metidos no propio tempo de Nadal haberá cine, cantos de Nadal, títeres, animación de rúa, teatro, obradoiros, xogos, torneos e festa cos protagonistas destas datas: Papá Noel e os Magos de Oriente. E como broche final o Duatlón de Reis, que vai xa pola IV edición.
O venres 21 de decembro proxectarase a película "O apóstolo" na Casa da Cultura; o sábado 22 haberá unha festa navideña Animaduendecantacontos de Nadal, onde os nenos e nenas aproveitarán para entregarlle a carta a Papá Noel e gozarán de animación, maquillaxe, etc. e rematarase coa entrega de premios das postais de Nadal. O domingo 23 haberá cantos de Nadal a cargo da escola de pandeireta. Os pequenos poderán pasar as tardes de Nadal na Casa da Cultura coa elaboración de grilandas, bonecos, centros de mesa, abalorios, etc. o 26, 27, 28 decembro, 2 e 4 de xaneiro; e participar nos xogos xigantes o sábado 29 de decembro.
Despediremos o ano o luns 31 cunha festa infantil na praza do concello, e comeremos as uvas ás 12 do mediodía ao son das badaladas.
En xaneiro os afeccionados aos xogos de naipes poderán participar no torneo individual de escoba o 2 de xaneiro e no torneo de tute por parellas o 3 e 4 de xaneiro. Para os pequenos o Carteiro Real achegarase á Casa da Cultura o xoves 3 recoller as cartas. Aproveitando a tarde poderán participar nun taller de roscón de Reis. E tampouco podía faltar a tradicional Cabalgata de Reis que percorrerá todas as parroquias ao longo do sábado día 5 que rematarán ás 20 horas cunha gran recepción na Casa da Cultura, que rematará cos Cantos de Reis das alumnas da Escola de pandeireta.
O Centro Sociocultural de Baíñas estrearase nestas datas coa escola de teatro Os Sapapusios de Pasarela que poñerán en escena Lencería Fina, o domingo 23 de decembro. O venres 28 haberá cine de Nadal coa proxección da película de animación O Apóstolo, e o 6 de xaneiro os máis pequenos poderán divertirse cos Títeres Duendesico coas Historias de Monstruos.
Estirando o tempo de Nadal ata o domingo día 13 de xaneiro no que o deporte será o protagonista da xornada co IV Duatlón de Reis, unha proba que combina carreira a pé e en bicicleta que manterá a aberta a inscrición ata o 7 de xaneiro.
Máis información
Novas relacionadas
- 2011: Vimianzo xa decidiu os dous escaparates máis navideños e creativos.
- Vimianzo non para polo outono.