Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Vimianzo non para polo outono

Vimianzo non para polo outono
Os vimianceses probaron o Menu Gastronomico de Outono en Pasarela

Basta con achegarse unha fin de semana por Vimianzo para notar que está tremendamente activo durante este outono. Varios programas están mantendo viva a capital de Soneira e facendo que o pobo participe en cada proposta.

Un deles é o Outono Gastronómico, que combina os menús de outono con actividades culturais en todo o Concello. De feito, esta pasada fin de semana numerosos veciños quixeron probar de primeira man eses menús, e se achegaron a Casa Paco, en Pasarela, para tomar nota. Segundo nos contan, quedaron amplamente satisfeitos.

Tamén coa cultura

Visita dos escolares a exposicion de Antonio Nodar en Vimianzo

E outro dos programas que están mantendo viva a vila vai en clave cultural. Falamos da programación didáctica arredor da exposición de Antonio Nodar que comezaba onte con alumnos e alumnas de 1º, 2º 3º e 4º curso do CEIP San Vicenzo. O programa pretende achegar a obra deste coetáneo autor vimiancés aos máis novos do Concello. A vindeira cita será o vindeiro venres co alumnado de 5º e 6º e das escolas unitarias.

De magosto

E tamén en clave gastronómica, cómpre destacar que a Asociación cultural O Castelo de Vimianzo organiza o domingo 2 de decembro as 17:00h da tarde un magosto no centro cultural de Carnés. Haberá castañas gratis para todos e todas e obradoiros de maquillaxe e globoflexia para os máis cativos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios