Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo xa decidiu os dous escaparates máis navideños e creativos

Vimianzo xa decidiu os dous escaparates máis navideños e creativos

Xa puidemos ollar os 11 establecementos vimianceses participantes corcurso de escaparates para a campaña de Nadal. E a veciñanza, a través do Facebook do Concello de Vimianzo, vén de outorgar dous premios: un para o escaparate máis navideño e outro para o escaparate máis creativo.

Tras un bo feixe de votos (os gañadores rondan os 100 "gústames"), os establecementos que máis apoios tiveron nesta rede social foron Perfumería Pose´s, Floristería González e Moda Ágabe. Pero a cousa non foi tan sinxela, porque tamén contaba a valoración do xurado, que se reuniu nos días pasados. Así, para eles, na categoría de “Escaparate máis navideño” a puntuación máis alta foi para Moda Ágabe e na categoría de “Escaparate máis creativo” a valoración máis alta acadouna Panadería Sampedro.
Segundo as bases, o resultado do facebook ten maior peso que o do xurado. De acordo con isto, e calaculadas as proporcións, o establecemento que obtivo maior cantidade nas votacións foi Perfumería Pose´s nas dúas categorías, polo tanto outórgaselle o premio da catagoría onde máis puntuación acadou. Na outra categoría o premio recae no comercio que lle segue en puntuación, é dicir ao que quedou segundo nesa mesma categoría.

Deste xeito os gañadores son: Perfumería Pose´s para o Escaparate máis navideño e Moda Ágabe para o Escaparate máis creativo.

O concello organizará un acto de entrega de premios no que se entregarán diplomas aos establecementos participantes e o premio aos gañadores: unha cea para dúas persoas nun dos establecementos participantes na campaña Vimianzo gastronómico. Compartimos outono.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios