Unha plantación de millo esfola parte da coiraza do dolmen da Pedra da Arca
28 de xuño de 2020 (12:43 h.)
A Pedra da Arca, un dos dolmens da Ruta das Antas, sito en Vimianzo e pegado ao Concello de Dumbría, é un dos elementos patrimoniais máis simbólicos da comarca e “un dos mellor conservados de Galicia”.
Pero non escapa da falta de concienciación do necesario coidado do noso patrimonio. Como denuncia historiadegalicia.gal, unha plantación de millo vén de destrozar a coiraza do castro.
As pedras da muralla están esparcidas polos arredores do dolmen despois de que un tractor acondicionase o lugar para desenvolver a plantación.
Novas relacionadas
- O Modesto Patrimonio: O Dolmen da Pedra da Arca.
- Recuperando a riqueza das mámoas en Santa Comba.
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.